Permacultura

Escrito por ahortinhadaponte 09-06-2008 en General. Comentarios (1)

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/permacultura.jpg

O sábado 7 de Xuño nos reunimos na Ponte o grupo da rede de Permacultura Galicia, no encontro estabamos máis de trinta persoas ca ilusión de formar un gran grupo a nivel Galicia-Portugal, foi moi interesante compartir experiencias, coñecer xente nova que se está achegando a rede de permacultura con inquedanzas de iniciar proxectos relacionados ca sostenibilidade do Agro. Para os compoñentes da Hortiña da Ponte nos deu moita ledicia darnos conta de que estamos a contar cun apoio  tanto en cantidade como en calidade de xente, e a ilusión nestes comenzos do noso proxecto cada día vai en aumento.

Agradecer a cada un dos que viñeron pola súa aportación e tamén pola forza que está a conseguir este grupo da Rede de Permacultura.