A HORTIÑA DA PONTE

Escrito por ahortinhadaponte 12-03-2008 en General. Comentarios (1)

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/ahorta2.jpg   

Aquí andamos, A Hortiña da Ponte, proxecto con moita forza e ilusión, que pertence a zona de Terra De Montes, dende unhas aldeiñas situadas en Forcarei, zona de gran riqueza natural, que dende anos estivo sufrindo unha perda constante de poboación, vendo como moitas da terras e hortas foron abandoándose.
Coas ganas que a natureza de este lugar, cos seus montes, ríos e carballeiras, nos transmite, andamos recuperando e preparando todo un conxunto de hortiñas para producción en ecolóxico, recuperando toda unha sabiduría tradicional mesturada coa forma de entender a natureza dende o respecto e coñecemento mais profundo.
Animámosvos a visitar estas terras e coñecernos e que vexades  estas hortiñas onde poñemos as nosas ilusións.

POXECTOS EN MENTE

PRODUCCIÓN EN HORTA: todo tipo de hortalizas e legumes a partires de sementes ecolóxicas, plantas medicinais, aromáticas.

ELABORACCIÓN E TRANSFORMACIÓN DE PRODUCTOS: xabóns, mermeladas,  pistos
 
DEGUSTACIÓN DOS NOSOS PRODUCTOS: nunha bodega para ditas ocasións

VISITAS, EXCURSIÓNS, PARA TODAS AS EDADES, avós, netos, país, fillos, irmáns ........
 
RECUPERACIÓN DUN TRAMO DO RIO PA PESCA SIN MORTE: con monitor especializado