A Hortiña da Ponte ( ahortinhadaponte@gmail.com . 636060274 ou 676093161 )

Permacultura

Escrito por ahortinhadaponte 09-06-2008 en General. Comentarios (1)

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/permacultura.jpg

O sábado 7 de Xuño nos reunimos na Ponte o grupo da rede de Permacultura Galicia, no encontro estabamos máis de trinta persoas ca ilusión de formar un gran grupo a nivel Galicia-Portugal, foi moi interesante compartir experiencias, coñecer xente nova que se está achegando a rede de permacultura con inquedanzas de iniciar proxectos relacionados ca sostenibilidade do Agro. Para os compoñentes da Hortiña da Ponte nos deu moita ledicia darnos conta de que estamos a contar cun apoio  tanto en cantidade como en calidade de xente, e a ilusión nestes comenzos do noso proxecto cada día vai en aumento.

Agradecer a cada un dos que viñeron pola súa aportación e tamén pola forza que está a conseguir este grupo da Rede de Permacultura. 

Encontro de Permacultura

Escrito por ahortinhadaponte 28-05-2008 en General. Comentarios (0)

Reunión e xuntanza en Forcarei:

A Hortiña da Ponte 7 de xuño de 2008

 

Programa do encontro:

 
Chegada: 11,00
 
Nos xuntaremos para coñecer o entorno e explicar o Proxecto da Hortiña da Ponte
 
O mediodía iremos a xantar no merendeiro do Cotelo, no entorno da aldea da Ponte, 
á beira do Río Lérez.
 
Pola tarde continuaremos co da mañán e remataremos facendo conclusións e aportacións varias.

 

 

Como chegar:

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/plano.jpg  

Cursos de Verán na USC

Escrito por ahortinhadaponte 23-05-2008 en General. Comentarios (0)

Este próximo mes de Xullo, en Ribadeo e en Sada haberá cursos de Verán de Agroecoloxía.

 

http://www.usc.es/cultura/cveran60_08.htm

 

http://www.usc.es/cultura/cveran43_08.htm

II Congreso de Agroecoloxía

Escrito por ahortinhadaponte 21-05-2008 en General. Comentarios (1)

 O fin de seman da ponte de Maio, estivemos no II Congreso de Agroecoloxía en Monforte de Lemos, foi a nosa primeira saida en conxunto da Hortiña da Ponte, foron unhas xornadas moi productivas, coñecimos a un montón de xente, tanto de Galicia, como de Madrid, de Andalucía, tamén nos reencontramos con xente coñecida, e asistimos as conferencias e as visitas, que nos deron para debatir, para programar e para ilusionarnos todavía máis.

 

www.webs.uvigo.es/cultura.tradicion.innovacion

 http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/congreso11.jpg

Prensa

Escrito por ahortinhadaponte 24-04-2008 en General. Comentarios (4)

Esta nova sae hoxe na Prensa. Onte tivemos a primeira reunión para formar o grupo da Hortiña da Ponte. A partires de agora xa empezaremos a traballar activamente para sacar este proxecto adiante.

http://www.lavozdegalicia.es/deza/2008/04/24/0003_6761266.htm