A Hortiña da Ponte ( ahortinhadaponte@gmail.com . 636060274 ou 676093161 )

Xornada de agricultura en Pontevedra

Escrito por ahortinhadaponte 23-01-2009 en General. Comentarios (0)

A AGRICULTURA

DE SEMPRE

NOS MERCADOS

DE HOXE

PROGRAMA

FEDER

INTERREG IIIA

A AGRICULTURA

DE SEMPRE

NOS MERCADOS

DE HOXE

24 xan | 10.00h | Café Moderno (Pontevedra)

10.00 h:

Apertura da Xornada, coa presenza de Edelmiro

López, Director Xeral de Medio Rural. Simultanemente,

comezarán a abrir os postos da Mostra

de Produtos.

10.30 h:

Conferencia de Xosé Lois Lamazares, baixo o

título Daveiga, a produción responsable.

11.15 h:

Intervención de Cándido Martínez, cunha charla

que versará sobre Agricultura ecolóxica e

fabricación de conservas vexetais: oportunidades

e ameazas. O caso de Alimentos Amorodo.

12.00 h:

Farase un pequeno descanso.

12.15 h:

O técnico responsable da Escola Silvopastoril ‘O

Rexo’ de Allariz, Bernardo Varela, amosaranos

Unha nova experiencia de produción e

comercialización.

13.00 h:

Xosé Luís Carrera falará sobre Arqueixal: dende

a produción ata a comercialización.

13.45 h:

Degustación de produtos ecolóxicos, a cargo de

Casa Alongos, representada por Concepción

Casares

16.00 h:

Mesa redonda moderada por Xosé Lois

Lamazares, coa intervención de Cándido

Martínez, Bernardo Varela, Concepción Casares

e Xosé Luís Carrera.

17.30 h:

.Obradoiro impartido por A Hortiña da Ponte,

sobre a fabricación de marmeladas ecolóxicas.

24 xan | 10.00h | Café Moderno (Pontevedra)

curso iniciación a compostaxe

Escrito por ahortinhadaponte 25-11-2008 en General. Comentarios (0)

xornada_compostaxe_sementar

 

 

O proximo sábado día 29 de Novembro vaise a organizar no Convento de Herbón, en Padrón un curso de iniciación a compostaxe, o organiza a Asociación Sementar e colaboramos os da Hortinha da Ponte, máis información no blog.

http://sementar.wordpress.com/

Rosquillas de laranxa

Escrito por ahortinhadaponte 27-10-2008 en General. Comentarios (1)

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/galletasdenaranxa.jpg 

Receita de ROSQUILLAS DE LARANXA

 

Ingredientes:

  • 1 vaso de zume de laranxa e raiadura dunha naranxa
  • 1 vaso de aceite de xirasol
  • 2 vasos de azucre
  • 1 sobre de levadura
  • Fariña, a que se necesite para amasar
  • 4 ovos

Preparación:

      

       Xuntar todolos ingredientes e ir engadindo a fariña, hasta que quede unha masa homoxénea e non moi dura.

       Deixar reposas unhas horas. Facelas rosquillas e freir en abundante aceite quente. deixalas escurrir e finalmente espolvoreala con azucre por riba.

 

 

 

Están moi moi deliciosas. Bo proveito.

 

 

 

CESTITAS CON RICAS COUSIÑAS

Escrito por ahortinhadaponte 23-10-2008 en General. Comentarios (0)

Ola , moi boas, aqui estamos de novo, esta vez para presentarvos e amosaros unhas cestitas feitas con moito cariño de distintas cousiñas sacadas das nosas hortas. Son cestas de distintos productos de temporada coas que pretendemos chegar a distintas persoas e familias para que poidan disfrutar destes productos coidados e cultivados de forma natural. Éstas en concreto eran para unha cooperativa de Santiago a la que mandamos un saudo e ás grazas pola súa confianza e axuda para poder intentar desta forma ter unha maneira de vida cunha forma de facer na que creemos e disfrutamos.

Bicos. Ata outra. http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/gcestas.jpg  

SEMENTES

Escrito por ahortinhadaponte 22-10-2008 en General. Comentarios (0)

Ola, moi boas

Tempo de sementes, de recollida de esos tesouriños da natureza que coa máxia da misma dan vida a novas plantitas para as nosas hortas.

Presentámosvos as locuelas cebolas cargadiñas de sementes.  Saudoshttp://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/sementes2.jpg