A Hortiña da Ponte ( ahortinhadaponte@gmail.com . 636060274 ou 676093161 )

Inaguración de tenda na plaza de abastos da Estrada

Escrito por ahortinhadaponte 24-09-2009 en General. Comentarios (1)

Este venres 25 e ó sábado 26 de Setembro coincidindo ca Feira Sustentable que se vai celebrar na Plaza de abastos da Estrada, imos inagurar a nosa tenda dos nosos productos da horta, e tamén imos ter os productos dos nosos compañeiros que tamén están nesta labor de loitar polos productos da nosa terra cunha producción sustentable, como son: Milhulloa, cas plantas medicinais e plantas deshidratadas, As galletas Mariñeiras, o viño de producción ecolóxica  Biobra, as conservas de Amorodo, os xabóns de Anxos, o leite crú de Alle, pan ecoloxico de panadería Divina, tamén temos aceites, fariñas e legumes de procedencia ecolóxica e moitas cousas máis que iremos engadindo.

Estades todos invitados a vir polo posto de Hortiña da Ponte, este fin de semán en horario de venres mañán e tarde e o sábado pola mañán.

 

Habitualmente estaremos tódolos mércores e sábados pola mañán.

 

Para nos é unha ledicia poder abrir un punto de venta de productos ecolóxicos e caseiros na Estrada, e queremos compartilo con todo o mundo.

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/feirasustentable.jpg 

O posto antes de comenzar

PLAZA DE ABASTOS DA ESTRADA

Escrito por ahortinhadaponte 02-08-2009 en General. Comentarios (1)

Moi boas, saudos e comentar algo que nos esta a crear moita ilusión e ganas ,

  " temos posto na Plaza de Abastos da Estrada ".

 

Por fin nos decidimos, despois de case un ano indo a distintas feiras sustentables amosando as nosas cousiñas e contactando directamente ca xente que iamos atopandonos nestes sitios de encontro donde voltar a valorar e recuperar o trato directo a confianza e a calidade das cousas. vemos a importancia de situarnos nun sitio onde poder afianzar un trato de confianza directo cerca do noso entorno de vida e facer, e dende ahí poder achegar as nosas cousiñas e inquietudes.

 

E ahí estamos na   PLAZA DE ABASTOS DA ESTRADA, tódolos MÉRCORES e SÁBADOS

 

Alí os esperamos coas ricas cousiñas que levamos das nosas hortas con cariño.

 

Bicos e saudos.http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/mercado.jpg

 

CULTIVO ECOLÓXICO    PLAZA  DE  ABASTOS  DA ESTRADA    MERCORES  E  SÁBADOS 

CUSPEDRIÑOS ANOS 60

Escrito por ahortinhadaponte 18-06-2009 en General. Comentarios (0)

Feira de Cuspedriños anos 60, sitio máxico e precioso ambientado en outra época. Outra época con outros saberes, outras necesidades, outras formas de facer. Saudos 

 

 

                                                                                                                       http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/cuspedrinosano60.jpg

Despertar das hortas

Escrito por ahortinhadaponte 24-05-2009 en General. Comentarios (4)

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/feiravincha.jpg  

Feira da Vincha no carnaval, en Cerdedo

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/oinvernadeiro.jpg 

Moi Boas aqui estamos. Despois dun inverno de neve e calorcito de lareira, donde repolos, grelos, brecol e puerros facian vida nas hortas, chegou a primaveira coa súa sementeira, semilleros de tomates, pementos , berenxenas, leitugas...reviven as acelgas, aparecen as espinacas, tagetes, caléndulas.... completamos o acolchado invernal, incorporándolo compos e con esto as feiras de primaveira, donde a parte do fresco levamos do que facemos; rosquillas, galletas, empanadas, pasteis vexetais..,mermeladas, licores café, laranxa..... E para mostra de todo isto unhas fotitos.

Saudos , bicos e ata outra.

A Horta en Inverno

Escrito por ahortinhadaponte 24-02-2009 en General. Comentarios (1)

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/nevada.jpg 

 

Nos atopamos no mes de Febreiro, rematando o Inverno, queremos mostrar unha fermosa imaxen da horta na época das nevadas no mes de Xaneiro. A paisaxe era realmente espectacular, facía tempo que non nevaba desta forma, e como dí o refrán, Ano de neve, ano de benes, pues esperando que sexa así, nos atopamos nestos intres, aumentando as nosas leiras e a nosa producción, para así poder dar cabida a oferta que temos, que vai sendo moi boa, nótase que a sociedade galega está tendo en conta o que significa ter unha boa alimentación, e nos o notamos, así que xa os iremos informando de como vai todo

saudiños