A Hortiña da Ponte ( ahortinhadaponte@gmail.com . 636060274 ou 676093161 )

MERCADO ENTRE LUSCO E FUSCO

Escrito por ahortinhadaponte 06-09-2010 en General. Comentarios (0)

Agora os presentamos o MERCADO ENTRE LUSCO E FUSCO

mercado de productos ecolóxicos que se celebra no parque de Belvis en Santiago tódolos martes das 19 as 22.

 

Este proxecto nace a  partir das inquietudes, forza e ganas da asociación Andaime e a cooperativa de consumidores Eirado, de crear un espacio cunha alternativa de consumir natural nun horario donde poda achegarse xente que polo horario non pode ir outros mercados. Ahi vai unha das fotitos 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/feiraentreluscoefusco.jpg

feira de carballiño

Escrito por ahortinhadaponte 06-09-2010 en General. Comentarios (0)

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/feiradeCarballino.jpg      FEIRA DE CARBALLIÑO

 

feira con distintos postos de productos ecolóxicos e sustentables, con talleres e obradoiros para amosar e ilusionar con maneiras naturais de facer.

O DANZAR NO VERÁN

Escrito por ahortinhadaponte 05-09-2010 en General. Comentarios (1)

Como vai o verán?, último mes desta estación, moi ben aproveitada.

No noso sin parar; poñer as hortas a andar e mantelas, preparar un novo invernadeiro no que temos moita ilusión e ganas. Este ano metémonos a participar en varias feiras con proxectos moi bonitos, como mostra lanzámosvos unha serie de fotitos de por donde estivemos e andamos. grazas e bicos

 

FEIRA  DE MOSTRA DE CULTURAS EN BOIRO

 

"bailes comidas e oficios de distintas partes do mundo"

 http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/feiradeBoiro.jpg

ASOCIACIÓN "A HORTIÑA"

Escrito por ahortinhadaponte 18-04-2010 en General. Comentarios (1)

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/muralunion.jpg

 Moi boas, aqui estamos con moita ilusión e ganas nesta primaveira cargada de enerxía.

 

Despois dun ano de recorrido, movemento, encontros..., cun proxecto de crear un modo de vida de respeto cara a natureza a partir dunhas hortas, dende A Hortiña da Ponte neste camiño, atopámonos coa xente da Eira a Nos, unha ecogranxa coa que compartimos ilusións, formas semellantes de ver, obxectivos comúns e coa que decidimos xuntarnos e unir as tres granxas que somos, para as feiras, para o reparto de cestas das nosas cousiñas de temporada e para dende a Estrada levar os dous locais a modo de tenda de elaborados e de fresco.

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/tendaelaborados.jpg http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/tendafresco.jpg

A TENDA REPLETA

Escrito por ahortinhadaponte 20-12-2009 en General. Comentarios (1)
http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/inag2.jpg 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/ing.jpg http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/inag1.jpg

 

Holaa, moi boas a tod@s, despois da última fotito, donde amosábamos o posto recen arransado, pintadito de cores e coa madeira calida do chan, paredes e estanterias da Hortiña da Ponte na plaza da abastos da Estrada, agora presentámosvos como queda  cheo de cousiñas. A verdade sentimonos moi a gusto estando nel os mercores e sábados e disfrutándo da xente que se achega a interesarse polo que imos tendo e podemos ofrecerlles, intercambiando un bo momento de conciencia e aprendizaxe.

Invitámosvos a visitalo e a que vos deades un paseo por esta plaza de abastos que pouco a pouco anda a recuperar a súa vida.

Sin máis  bicos e saudos.