Febreiro 2012

Ola moi boas, aqui estamos co segundo inverno do invernaderón, inverno seco, de frias noites, conxeladas madrugadas e sen chover, todo revolto e nos aquí, aprendendo deste invernadeiro e das hortas, observando como se comportan, como van collendo vida propia, creándose un ecosistema do que aprendemos e coidamos e que pouco a pouco vaise mantendo por si mesmo  e ganando en biodiversidade.  

Ahi van algunhas fotitos, tivemos que poñer mantas termicas para protexer algunhas das plantitas. bicos e saudos.

 

 http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/invernoc.jpg http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/invernod.jpg http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/invernoa.jpg http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/invernob.jpg

FOTOS DA HORTIÑA DA PONTE

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/invernader.jpg 

O Invernadeiro

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/acelga.jpg

As Acelgas

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/brecol.jpg 

O Brécol

 

 

  http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/coliflorverde.jpg

A Coliflor verde

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/coliflror.jpg 

A Coliflor Branca

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/escarola.jpg 

A Escarola

 

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/fabaloba.jpg 

A Faba Loba entre as navizas

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/guisantes.jpg 

A planta do guisante crecendo

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/leituga.jpg 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/leitugaI.jpg 

Leitugas

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/lombarda.jpg 

A Lombarda

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/nabicol.jpg 

O nabicol

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/puerro.jpg 

O Puerro

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/perexil.jpg 

O perexil

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/remolacha.jpg 

As remolachas 

 

 http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/cesta.jpg

 

Unha cesta de inverno

LISTA DE PREZOS 2011


LISTA DE PREZOS DO 2011


HORTALIZAS:


LEITUGA 0,80 € Ud.

CHICHAROS 3 € Kg.

TIRABEQUES 3 € Kg.

XUDIA 2,50 € Kg.

TOMATE 2 € Kg.

PIMENTOS 2,50 € Kg.

P. PADRÓN 2 € ½ Kg.

PUERROS 1 € Manoxo

CABACIÑO 1,50€ Kg.

CABAZA 1,20 € Kg.

REPOLO 1,50 € Kg.

XENOS 3 € Kg.

BERZA GALEGA 1,50 € Manoxo.

COLIFLOR 2,50 € Kg.

BRECOL 2,50 € Kg.

ESPINACAS 3 € Kg.

REMOLACHA 1,50 € Kg.

ACELGA 2 € Kg

CEBOLAS 2 € Kg

CENOIRAS 2 € Kg

ALLOS 6 € Kg

LOMBARDA 2,50 € Kg

NABIZAS 3 € Kg

GRELOS 3 € Kg





REPOSTERÍA: (Fariñas branca e semintegral de procedencia ecolóxica. Azúcar de procedencia ecolóxica)


EMPANADA VEXETAL 20 € a de 1 Kg. é 10 € ½ Kg.


PIZZA VEXETAL 15 € a de 1Kg. é 7,5 € ½ Kg.


PASTEL DE VERDURAS 15 € a de 1Kg. é 7,5 € ½ Kg.


GALLETAS DE CHOCOLATE 0,30 € a unidade


PASTAS DE TÉ(de fariña de almendoa ) 0.30 € a ud.


GALLETAS DE AVENA 0,30 € a ud.



EMPANADILLAS DE CABELO DE ANXO 0,30 € a ud.


TARTA DE CENORIA 8 €


ROSCAS 8 €/Kg





COMPLEMENTOS DA HORTA:


OVOS 3 € a ducia

(galiñas soltas, comen verduras,bichiños e cereal ecolóxico)


POLOS ((enteiros ou a mitade) 10 € kilo (son polos que andan sobre os tres kilos)

Soltos comen verduras, bichiños e cereal ecolóxico.







LICORES:

Botella 1 litro: 12 €

Botella ¾ litro: 9 €

Botella ½ litro: 7 €

Botella ¼ litro: 5 €

Botella 150 ml : 3 €


Licor café (café do comercio xusto, azúcar de procedencia ecolóxica).

Licor de Herba boa, Melisa, Ameixa, Laranxa, Mandarina, botellas de 100 ml, a 3€ e de 250 ml, a 5 €.



MERMELADAS: (con azúcar ecolóxico, froitas ecolóxicas e de recoleción silvestre )


Fresa, mora, fresa-mora, frambuesa, laranxa, arandos, kiwis, sabugueiro.....según temporada.


Bote (220 ml.) 2.50 €





Bicos e saudos .






A horta de inverno

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/ahortainvern.jpg    

 

Chegou o inverno a Terra de Montes, a postal e ben bonita, a neve cubriu a horta e o invernadeiro durante uns días na Ponte, gracias as mantas térmicas con que cubrimos dentro do inverandeiro os repolos, leitugas, o brécol, as acelgas e a coliflor, seguiron a crecer, lentiño pero ahí andan, son as primeiras plantas que temos no novo invernadeiro que pusemos polo verán e  plantamos polo outono, agora xa están saindo a primeira cosecha, e moi rica.

Moitos saudos para todos e teñades un bó ano, como dí o refrán " ano de neves ano de bens" pois eso desexamos. FELIZ 2011

 

 

MERCADO ENTRE LUSCO E FUSCO

Agora os presentamos o MERCADO ENTRE LUSCO E FUSCO

mercado de productos ecolóxicos que se celebra no parque de Belvis en Santiago tódolos martes das 19 as 22.

 

Este proxecto nace a  partir das inquietudes, forza e ganas da asociación Andaime e a cooperativa de consumidores Eirado, de crear un espacio cunha alternativa de consumir natural nun horario donde poda achegarse xente que polo horario non pode ir outros mercados. Ahi vai unha das fotitos 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/feiraentreluscoefusco.jpg

feira de carballiño

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/feiradeCarballino.jpg      FEIRA DE CARBALLIÑO

 

feira con distintos postos de productos ecolóxicos e sustentables, con talleres e obradoiros para amosar e ilusionar con maneiras naturais de facer.

O DANZAR NO VERÁN

Como vai o verán?, último mes desta estación, moi ben aproveitada.

No noso sin parar; poñer as hortas a andar e mantelas, preparar un novo invernadeiro no que temos moita ilusión e ganas. Este ano metémonos a participar en varias feiras con proxectos moi bonitos, como mostra lanzámosvos unha serie de fotitos de por donde estivemos e andamos. grazas e bicos

 

FEIRA  DE MOSTRA DE CULTURAS EN BOIRO

 

"bailes comidas e oficios de distintas partes do mundo"

 http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/feiradeBoiro.jpg

ASOCIACIÓN "A HORTIÑA"

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/muralunion.jpg

 Moi boas, aqui estamos con moita ilusión e ganas nesta primaveira cargada de enerxía.

 

Despois dun ano de recorrido, movemento, encontros..., cun proxecto de crear un modo de vida de respeto cara a natureza a partir dunhas hortas, dende A Hortiña da Ponte neste camiño, atopámonos coa xente da Eira a Nos, unha ecogranxa coa que compartimos ilusións, formas semellantes de ver, obxectivos comúns e coa que decidimos xuntarnos e unir as tres granxas que somos, para as feiras, para o reparto de cestas das nosas cousiñas de temporada e para dende a Estrada levar os dous locais a modo de tenda de elaborados e de fresco.

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/tendaelaborados.jpg http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/tendafresco.jpg

A TENDA REPLETA

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/inag2.jpg 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/ing.jpg http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/inag1.jpg

 

Holaa, moi boas a tod@s, despois da última fotito, donde amosábamos o posto recen arransado, pintadito de cores e coa madeira calida do chan, paredes e estanterias da Hortiña da Ponte na plaza da abastos da Estrada, agora presentámosvos como queda  cheo de cousiñas. A verdade sentimonos moi a gusto estando nel os mercores e sábados e disfrutándo da xente que se achega a interesarse polo que imos tendo e podemos ofrecerlles, intercambiando un bo momento de conciencia e aprendizaxe.

Invitámosvos a visitalo e a que vos deades un paseo por esta plaza de abastos que pouco a pouco anda a recuperar a súa vida.

Sin máis  bicos e saudos. 

Inaguración de tenda na plaza de abastos da Estrada

Este venres 25 e ó sábado 26 de Setembro coincidindo ca Feira Sustentable que se vai celebrar na Plaza de abastos da Estrada, imos inagurar a nosa tenda dos nosos productos da horta, e tamén imos ter os productos dos nosos compañeiros que tamén están nesta labor de loitar polos productos da nosa terra cunha producción sustentable, como son: Milhulloa, cas plantas medicinais e plantas deshidratadas, As galletas Mariñeiras, o viño de producción ecolóxica  Biobra, as conservas de Amorodo, os xabóns de Anxos, o leite crú de Alle, pan ecoloxico de panadería Divina, tamén temos aceites, fariñas e legumes de procedencia ecolóxica e moitas cousas máis que iremos engadindo.

Estades todos invitados a vir polo posto de Hortiña da Ponte, este fin de semán en horario de venres mañán e tarde e o sábado pola mañán.

 

Habitualmente estaremos tódolos mércores e sábados pola mañán.

 

Para nos é unha ledicia poder abrir un punto de venta de productos ecolóxicos e caseiros na Estrada, e queremos compartilo con todo o mundo.

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/feirasustentable.jpg 

O posto antes de comenzar

PLAZA DE ABASTOS DA ESTRADA

Moi boas, saudos e comentar algo que nos esta a crear moita ilusión e ganas ,

  " temos posto na Plaza de Abastos da Estrada ".

 

Por fin nos decidimos, despois de case un ano indo a distintas feiras sustentables amosando as nosas cousiñas e contactando directamente ca xente que iamos atopandonos nestes sitios de encontro donde voltar a valorar e recuperar o trato directo a confianza e a calidade das cousas. vemos a importancia de situarnos nun sitio onde poder afianzar un trato de confianza directo cerca do noso entorno de vida e facer, e dende ahí poder achegar as nosas cousiñas e inquietudes.

 

E ahí estamos na   PLAZA DE ABASTOS DA ESTRADA, tódolos MÉRCORES e SÁBADOS

 

Alí os esperamos coas ricas cousiñas que levamos das nosas hortas con cariño.

 

Bicos e saudos.http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/mercado.jpg

 

CULTIVO ECOLÓXICO    PLAZA  DE  ABASTOS  DA ESTRADA    MERCORES  E  SÁBADOS 

CUSPEDRIÑOS ANOS 60

Feira de Cuspedriños anos 60, sitio máxico e precioso ambientado en outra época. Outra época con outros saberes, outras necesidades, outras formas de facer. Saudos 

 

 

                                                                                                                       http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/cuspedrinosano60.jpg

Despertar das hortas

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/feiravincha.jpg  

Feira da Vincha no carnaval, en Cerdedo

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/oinvernadeiro.jpg 

Moi Boas aqui estamos. Despois dun inverno de neve e calorcito de lareira, donde repolos, grelos, brecol e puerros facian vida nas hortas, chegou a primaveira coa súa sementeira, semilleros de tomates, pementos , berenxenas, leitugas...reviven as acelgas, aparecen as espinacas, tagetes, caléndulas.... completamos o acolchado invernal, incorporándolo compos e con esto as feiras de primaveira, donde a parte do fresco levamos do que facemos; rosquillas, galletas, empanadas, pasteis vexetais..,mermeladas, licores café, laranxa..... E para mostra de todo isto unhas fotitos.

Saudos , bicos e ata outra.

A Horta en Inverno

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/nevada.jpg 

 

Nos atopamos no mes de Febreiro, rematando o Inverno, queremos mostrar unha fermosa imaxen da horta na época das nevadas no mes de Xaneiro. A paisaxe era realmente espectacular, facía tempo que non nevaba desta forma, e como dí o refrán, Ano de neve, ano de benes, pues esperando que sexa así, nos atopamos nestos intres, aumentando as nosas leiras e a nosa producción, para así poder dar cabida a oferta que temos, que vai sendo moi boa, nótase que a sociedade galega está tendo en conta o que significa ter unha boa alimentación, e nos o notamos, así que xa os iremos informando de como vai todo

saudiños

Xornada de agricultura en Pontevedra

A AGRICULTURA

DE SEMPRE

NOS MERCADOS

DE HOXE

PROGRAMA

FEDER

INTERREG IIIA

A AGRICULTURA

DE SEMPRE

NOS MERCADOS

DE HOXE

24 xan | 10.00h | Café Moderno (Pontevedra)

10.00 h:

Apertura da Xornada, coa presenza de Edelmiro

López, Director Xeral de Medio Rural. Simultanemente,

comezarán a abrir os postos da Mostra

de Produtos.

10.30 h:

Conferencia de Xosé Lois Lamazares, baixo o

título Daveiga, a produción responsable.

11.15 h:

Intervención de Cándido Martínez, cunha charla

que versará sobre Agricultura ecolóxica e

fabricación de conservas vexetais: oportunidades

e ameazas. O caso de Alimentos Amorodo.

12.00 h:

Farase un pequeno descanso.

12.15 h:

O técnico responsable da Escola Silvopastoril ‘O

Rexo’ de Allariz, Bernardo Varela, amosaranos

Unha nova experiencia de produción e

comercialización.

13.00 h:

Xosé Luís Carrera falará sobre Arqueixal: dende

a produción ata a comercialización.

13.45 h:

Degustación de produtos ecolóxicos, a cargo de

Casa Alongos, representada por Concepción

Casares

16.00 h:

Mesa redonda moderada por Xosé Lois

Lamazares, coa intervención de Cándido

Martínez, Bernardo Varela, Concepción Casares

e Xosé Luís Carrera.

17.30 h:

.Obradoiro impartido por A Hortiña da Ponte,

sobre a fabricación de marmeladas ecolóxicas.

24 xan | 10.00h | Café Moderno (Pontevedra)

curso iniciación a compostaxe

xornada_compostaxe_sementar

 

 

O proximo sábado día 29 de Novembro vaise a organizar no Convento de Herbón, en Padrón un curso de iniciación a compostaxe, o organiza a Asociación Sementar e colaboramos os da Hortinha da Ponte, máis información no blog.

http://sementar.wordpress.com/

Rosquillas de laranxa

 

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/galletasdenaranxa.jpg 

Receita de ROSQUILLAS DE LARANXA

 

Ingredientes:

  • 1 vaso de zume de laranxa e raiadura dunha naranxa
  • 1 vaso de aceite de xirasol
  • 2 vasos de azucre
  • 1 sobre de levadura
  • Fariña, a que se necesite para amasar
  • 4 ovos

Preparación:

      

       Xuntar todolos ingredientes e ir engadindo a fariña, hasta que quede unha masa homoxénea e non moi dura.

       Deixar reposas unhas horas. Facelas rosquillas e freir en abundante aceite quente. deixalas escurrir e finalmente espolvoreala con azucre por riba.

 

 

 

Están moi moi deliciosas. Bo proveito.

 

 

 

CESTITAS CON RICAS COUSIÑAS

Ola , moi boas, aqui estamos de novo, esta vez para presentarvos e amosaros unhas cestitas feitas con moito cariño de distintas cousiñas sacadas das nosas hortas. Son cestas de distintos productos de temporada coas que pretendemos chegar a distintas persoas e familias para que poidan disfrutar destes productos coidados e cultivados de forma natural. Éstas en concreto eran para unha cooperativa de Santiago a la que mandamos un saudo e ás grazas pola súa confianza e axuda para poder intentar desta forma ter unha maneira de vida cunha forma de facer na que creemos e disfrutamos.

Bicos. Ata outra. http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/gcestas.jpg  

SEMENTES

Ola, moi boas

Tempo de sementes, de recollida de esos tesouriños da natureza que coa máxia da misma dan vida a novas plantitas para as nosas hortas.

Presentámosvos as locuelas cebolas cargadiñas de sementes.  Saudoshttp://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/sementes2.jpg    

A feira sustentable da Estrada

Ola este foi o do noso posto na feira sustentable da Estrada, feira que aposta polos productos locales, productos caseiros, productos de calidad e donde nos con moitas ganas e ilusión achegamos os nosos ricos , naturais e nutritivos productos de horta cultivados de maneira ecolóxica e tamén as nosas cousiñas elaboradas con moito cariño; empanadas, pizzas e pasteles vexetais, galletas, tartas e mermeladas, feitas a partir de fariñas e azucar de procedencia ecolóxica. Grazas e bicos a tódolos que viñeron pola feira e os que fan posible este tipo de actos, importantes para concienciar , dar a coñecer e poñer en contacto a xentes e maneiras de facer respetuosas e posibles. http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/estrada1.jpg   

feira medieval

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/feirapontevedra.jpg 

 

Ola moi boas, permitirnos subir con algo de retraso esta foto da feira medieval en Pontevedra, moita xente con bo ánimo e creando un ambiente festeiro e divertido con vestimentas de aquela época, grazas a tódoloa amig@s e familiares que pasaron polo noso posto a ax udarnos e compartir con nos un bo rato, nesa preciosa praza da Verdura donde tivemos un rinconcillo privilexiado nun bo día de sol . Saudos e bicos   

AMIGA CABAZA

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/cabaza1.jpg 

Moi boas presentámosvos a nosa amiga Cabaza que nos acompañou as dúas feiras as que fomos como grupo da Hortiña da Ponte.

 

Unha primeira feira polas festas da rúa de San Pedro en Santiago, onde montamos un posto con moita ilusión con cousiñas das nosas hortas, traballadas de forma ecolóxica, co máximo respeto e cariño.

Tamén estivemos nunha segunda feira na praia de Montalvo preto de Portonovo, nuha carpa de degustación con orquestas,baile e vervena, na cal había tanto postos de artesanía como de distintos productos de comidas e bebidas, nesta feira animámosnos a levar ademais dos nosos productos de horta, cousiñas feitas por nos; unhas ricas empanadas e unha amasada de pan todo con fariña semi-integral de procedencia ecolóxica para isto contamos coa axuda, sabiduría, arte, coñecemento e bo facer da boa xente da panadería a Conquista veciños de Forcarei, que co seu ánimo e axuda nos están facendo crecer, tamén levamos orellas, rosquillas, pastel de zanahoira, xabóns de caléndula para a pel....todo feito con moito cariño e ilusión.

Pola noite para axudarnos a financiarnos e aproveitando a festa, o baile e a vervena, pusimos o noso bo facer en refrescar a noite e dar a nosa alegría en preparar uns ricos mojitos, que foron todo un éxito e nos permitiron entrar en contacto con moita xente e falarlles do noso proxecto.

Dende aquí mandarlles un saludo e as gracias as persoas e organización destes eventos e a tódala xente, amigos e familia que nos apoia.

Bicos, saudos e ata outra.

A volta da feira

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/feira.jpg 

Estivemos na feria do Barrio de San Pedro, alí levamos os nosos primeiros productos da horta, o reultado boísimo, vendemos casi todo o que se levou, falamos con moita xente, démonos a coñecer coma grupo de horta, e sobre todo o pasamos moi ben.

 

http://www.lavozdegalicia.es/deza/2008/07/03/0003_6956258.htm

Feira das Festas do Barrio de San Pedro

 

 Este sábado 28 de Xuño a partir das once da mañá, o grupo da Hortiña da Ponte vai expoñer os seus primeiros productos da tempada na Feira de Artesanía da Rúa de San Pedro en Compostela. Alí os esperamos.

Tamén podedes ver o programa de festas do Barrio de San Pedro http://www.axuntanza.org/

Permacultura

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/permacultura.jpg

O sábado 7 de Xuño nos reunimos na Ponte o grupo da rede de Permacultura Galicia, no encontro estabamos máis de trinta persoas ca ilusión de formar un gran grupo a nivel Galicia-Portugal, foi moi interesante compartir experiencias, coñecer xente nova que se está achegando a rede de permacultura con inquedanzas de iniciar proxectos relacionados ca sostenibilidade do Agro. Para os compoñentes da Hortiña da Ponte nos deu moita ledicia darnos conta de que estamos a contar cun apoio  tanto en cantidade como en calidade de xente, e a ilusión nestes comenzos do noso proxecto cada día vai en aumento.

Agradecer a cada un dos que viñeron pola súa aportación e tamén pola forza que está a conseguir este grupo da Rede de Permacultura. 

Encontro de Permacultura

Reunión e xuntanza en Forcarei:

A Hortiña da Ponte 7 de xuño de 2008

 

Programa do encontro:

 
Chegada: 11,00
 
Nos xuntaremos para coñecer o entorno e explicar o Proxecto da Hortiña da Ponte
 
O mediodía iremos a xantar no merendeiro do Cotelo, no entorno da aldea da Ponte, 
á beira do Río Lérez.
 
Pola tarde continuaremos co da mañán e remataremos facendo conclusións e aportacións varias.

 

 

Como chegar:

 

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/plano.jpg  

Cursos de Verán na USC

Este próximo mes de Xullo, en Ribadeo e en Sada haberá cursos de Verán de Agroecoloxía.

 

http://www.usc.es/cultura/cveran60_08.htm

 

http://www.usc.es/cultura/cveran43_08.htm

II Congreso de Agroecoloxía

 O fin de seman da ponte de Maio, estivemos no II Congreso de Agroecoloxía en Monforte de Lemos, foi a nosa primeira saida en conxunto da Hortiña da Ponte, foron unhas xornadas moi productivas, coñecimos a un montón de xente, tanto de Galicia, como de Madrid, de Andalucía, tamén nos reencontramos con xente coñecida, e asistimos as conferencias e as visitas, que nos deron para debatir, para programar e para ilusionarnos todavía máis.

 

www.webs.uvigo.es/cultura.tradicion.innovacion

 http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/congreso11.jpg

Prensa

Esta nova sae hoxe na Prensa. Onte tivemos a primeira reunión para formar o grupo da Hortiña da Ponte. A partires de agora xa empezaremos a traballar activamente para sacar este proxecto adiante.

http://www.lavozdegalicia.es/deza/2008/04/24/0003_6761266.htm

A HORTIÑA DA PONTE

http://ahortinhadaponte.blogspot.es/img/ahorta2.jpg   

Aquí andamos, A Hortiña da Ponte, proxecto con moita forza e ilusión, que pertence a zona de Terra De Montes, dende unhas aldeiñas situadas en Forcarei, zona de gran riqueza natural, que dende anos estivo sufrindo unha perda constante de poboación, vendo como moitas da terras e hortas foron abandoándose.
Coas ganas que a natureza de este lugar, cos seus montes, ríos e carballeiras, nos transmite, andamos recuperando e preparando todo un conxunto de hortiñas para producción en ecolóxico, recuperando toda unha sabiduría tradicional mesturada coa forma de entender a natureza dende o respecto e coñecemento mais profundo.
Animámosvos a visitar estas terras e coñecernos e que vexades  estas hortiñas onde poñemos as nosas ilusións.

POXECTOS EN MENTE

PRODUCCIÓN EN HORTA: todo tipo de hortalizas e legumes a partires de sementes ecolóxicas, plantas medicinais, aromáticas.

ELABORACCIÓN E TRANSFORMACIÓN DE PRODUCTOS: xabóns, mermeladas,  pistos
 
DEGUSTACIÓN DOS NOSOS PRODUCTOS: nunha bodega para ditas ocasións

VISITAS, EXCURSIÓNS, PARA TODAS AS EDADES, avós, netos, país, fillos, irmáns ........
 
RECUPERACIÓN DUN TRAMO DO RIO PA PESCA SIN MORTE: con monitor especializado 
 

Agricultura ecoloxica

Agricultura ecoloxica

Enlaces


a horta

Suscríbete

RSS | Atom

Contacto

Contactar

Albergado en:blogspot.es

Noticias: Noticias

Contador gratis contadorplus.com